Wayang Center A Coruña é un centro exclusivo de terapias asiáticas alternativas, con 165 m2 de instalacións, que destacan pola súa exquisita decoración e coidado das tonalidades para unha perfecta fusión sensorial, seguindo os principios do feng shui.
|
Está dotado de oito salas VIP, dúas delas con pía para a aplicación da masaxe SHAMBALA, a mellor masaxe do mundo, realizada en tatamis húmidos, con auga e aceites quentes. As mesas de masaxe están deseñadas ao detalle para garantir a comodidade do cliente e son un modelo único e exclusivo de Wayang Center. O centro tamén conta cunha Sala de té e unha boutique Klumkung, así como cunha completa zona de augas.
O centro dispón de sete cabinas individuais de aseo e ducha masaxe, con madeiras de teca de primeira calidade, que proporcionan unha atmosfera cálida. Todo o centro está en perfecta harmonía de olores, sensacións e sons envolventes.
|